domingo, 28 de noviembre de 2010

DOMINGO I DE ADVIENTO, POR ANDRÉS G. VILARIÑO, SACERDOTE DE NUESTRA ARCHIDIÓCESIS

Advento1
View more presentations from Colata.

Xa está aquí o advento coa súa mensaxe sempre actual. Teño pensado moitas veces que Advento en realidade é todo o tempo da vida aquí, entre o ”xa e aínda non”, entre o don da vida xa recibido, pero aínda precario e limitado esperando (con esperanza) a plenitude e realización definitiva. Unha vida recibida xa coma unha doazón de amor e unha vida que será plena como realización do amor. Vivir o advento é situarnos no sentido da vida: cremos, esperamos, amamos. Os tres verbos por si mesmos son incompletos, requiren o seu complemento, porque, se non, fican na indefinición. Cres algo (que ten nome) e cres nalguén (as persoas teñen nome); esperas algo (nome) ou a alguén (nomes), amas a alguén (nomes) ou algo (nomes). Podemos poñer a palabra Deus, por exemplo, despois dos tres verbos e iso, como sabemos por experiencia, non nos converte en ilusos idealistas, que “cren nos paxariños empreñados”, senón que creer en Deus, esperar nel e amalo devólvenos á fidelidade á nosa historia persoal e á limitación temporal na que estamos instalados. os que anadmos coa palabra Deus nos labios e no corazón sabemos que iso significa unha contribución específica ao noso mundo: Das espadas forxarán arados, e das lanzas, podadeiras. Non erguerá a espada nación contra nación, non se adestrarán para a guerra. Non viviremos na frivolidade, como aconsella Paulo, viviremos coa alegría de saber que todos nos diriximos cara á casa do Señor, e faremos o noso camiño coa actitude do dono da casa que sabe a que hora vai chegar o ladrón e está á espreita...
Así, é necesario estar atentos, vixiantes, para que non se nos vaia o tempo sen ter fe na vida e nas persoas, sen construír con esperanza unha sociedade xusta e acolledora e sen ter no corazón o nome e o rostro das persoas que amamos e que nos fan saír de nós mesmos. . E grazas a Deus por elas, tamén.
Ben, xa vos soltei o meu sermón, así que ata a semana que vén.
Bicos e apertas
Andres GV

(Publicado en www.pastoralsantiago.org)

No hay comentarios: