domingo, 12 de diciembre de 2010

DOMINGO III DE ADVIENTO, POR ANDRÉS GARCÍA VILARIÑO, SACERDOTE DE NUESTRA ARCHIDIÓCESIS


Amigos, esta é unha historia repetida pero sempre admirable. Os detentadores do poder matan os profetas pero a morte dos profetas sempre vai seguida da pervivencia da súa mensaxe. Xoán, o profeta que está na cadea, ten necesidade de esperanza, de que o seu labor non se estragou nin foi inútil. E a esperanza que se lle comunica e que ten a Xesús de protagonista (é o “esperado”) é unha esperanza que soamente os profetas saben ver, comprender, estimar. Quen é o que ve nacer a esperanza entre os cegos, os coxos, os pobres...? Xesús pídelles aos discípulos de Xoán que miren aí e que descubran aí a novidade dunha salvación que bota raíces e xermola onde os listos e poderosos nin miran nin se lles pasa pola cabeza facelo.
A loanza de Xesús sobre o profeta Xoán confirma é a corrección feita polas primeiras comunidades de que Xesús era superior ao Bautista, pero tamén nos ensina aos lectores de hoxe que os profetas non os encontraremos entre os ben situados, nin nos pazos nin na quentiña comodidade do poder sociopolítico, económico, o que sexa... Onde están os profetas?
Apertiñas
Andres GV

No hay comentarios: