Desta vez enredei abondo, e total o resultado non indica moito do tempo que me levou.
O importante é que “Xesús acolle os pecadores e come con eles”.
A mesa de Xesús otra vez. Unha mesa aberta a todos, pero especialmente grata e asequible para os que experimentan na súa vida o desprezo, o prezuízo e falta de respectabilidade, conforme o xuízo das persoas “respectables”. Xesús ten a iniciativa e indícanos que o pastor que perdeu unha ovella, a muller que perdeu unha moeda, o pai que perdeu un fillo e que fai festa cando volve (texto fermoso non incluído aquí) son a figura do Pai-Nai que é Deus, Pai-Nai que sae aos camiños, está pendente dos que se foron e dispón unha mesa para os fillos que abandonaron o fogar do seu amor.
A Igrexa, nacida para pregoar esta sensible tenrura de Deus, que garda a Mesa de Xesús, está chamada a ser o fogar quentiño e agarimoso, onde sempre hai sitio dispoñible para un amigo máis. Unha igrexa-fogar menos preocupada por contidos doutrinais e máis sensible ás doenzas, soedades e frustracións dos que buscan ou precisan dignidade, respecto, calor humana, fraterna.
Ben, a todos e todas, apertas e bicos.
Andres GV
No hay comentarios:
Publicar un comentario