lunes, 22 de noviembre de 2010
ACOLLEMENTO FAMILIAR
Ten como obxectivo que familias voluntarias acollan temporalmente no seu fogar a nenos, nenas e adolescentes daquelas familias que están a pasar por unha situación de crise temporal que lles impide atender axeitadamente os seus fillos e fillas.
Os acolledores teñen como misión manter a estabilidade do menor e facilitarlle os coidados, seguridade e educación que precisan mentres se solucionan as circunstacias que lle impiden desenvolver a súa vida coa súa familia.
Este programa desenvólvese desde 1995 e xa son máis de 300 as familias galegas, dunha ou varias persoas, as que colaboran nel, recibindo asesoramento constante por parte de psicólogos e traballadores sociais así como formación especializada.
¿Que diferenza hai entre acollemento e adopción?
O acollemento familiar non é, en ningún caso, unha adopción. O obxectivo dunha adopción é proporcionar un pai e/ou unha nai a aqueles menores que o precisen. O acollemento busca un contorno familiar estable que apoie á familia de orixe mentres se soluciona unha situación problemática transitoria. Polo tanto, o acollemento familiar non é definitivo, senón que dura ata que o menor retorna coa súa familia de orixe.
Esta medida supón unha alternativa ao internamento dos menores nos centros e ofrece a posibilidade de integralos noutro núcleo familiar á espera de que cambien as circunstancias que motivaron o acollemento.
¿Que tipos de acollemento familiar existen?
• Acollemento familiar con convivencia plena. Consiste na convivencia plena coa familia acolledora mentres dura o acollemento.
• Acollemento de día. Este acollemento ten lugar da mañá á noite, e o menor regresa coa súa familia de orixe ao rematar o día.
• Acollemento de fin de semana e vacacións. Lévase a cabo durante os períodos vacacionais e de fin de semana. É axeitado, sobre todo, para nenos e nenas que teñen entre 9 e 14 anos.
(Más información AQUÍ)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario