O evanxeo deste domingo II do Advento está cheo da figura e da mensaxe do Bautista. Mateo pon na súa boca a expectación mesiánica concretada a Xesús, pero con expresións de ameazas divinas e axuste de contas. O texto evanxélico do meu enredo está ilustrado coa imaxe da escultura titulada O profeta, obra de Pablo Gargallo e que se pode admirar no Centro Raíña Sofía, de Madrid. O profeta de Gargallo está solidamente asentado sobre os seus pés. Pero todo o seu corpo está furado, porque un profeta soamente o é se está traspasado polo Espírito. O profeta de Gargallo ten expresión enérxica e vese que a súa boca proclama expresións definitivas.
O contrapunto no momento que estamos vivindo é a percepción de que non é o alento profético o que move as nosas comunidades, grupos e asociacións. Instalados na expectativa de que alguén ten que facer algo, expectativa certamente incómoda e paradóxica, pero ao mesmo tempo constatación da falta de iniciativa e sobre todo de paixón e de entusiasmo polo evanxeo e por Xesús.
Creo que non nos virá mal admirar en detalle a escultura do profeta de Pablo Gargallo.
A todos o meu desexo de que os ventos da profecía atravesen o voso corpo e dinamicen os pasos dos vosos pés e o labor das vosas mans.
Andres GV
No hay comentarios:
Publicar un comentario