O NOSO PAI
AVE MARÍA
Ave María, chea de gracia, o Señor é contigo bendita ti es entre tódalas mulleres e bendito é o froito das túas entrañas, Xesús. Santa María, Nai de Deus, roga por nós pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.
GLORIA Ó PAI
Gloria ó Pai e ó Fillo e ó Espírito Santo. Como era no principio, agora e sempre, eternamente. Amén
SALVE
¡Salve Raíña, Nai de misericordia!. Vida, dozura e esperanza nosa ¡Salve!. Por ti chamámo-los desterrados fillos de Eva. Por ti salaiamos, sufrindo e chorando neste val de bágoas. Por iso, Señora e abogada nosa, volve cara a nós eses teus ollos misericordiosos. E despois deste desterro, amósanos a Xesús, froito bendito do teu seo. ¡Clementísima, piadosa, doce Virxe María!.
ÁNGELUS
V/ O anxo do Señor tróuxolle o anuncio a María.
R/ E María concibíu do Espírito Santo. Ave María....
V/ Velaquí a escrava do Señor.
R/ Fágase en min conforme a túa palabra. Ave María...
V/ E o Verbo fíxose carne.
R/ E habitou entre nós. Ave María...
V/ Roga por nós, Santa Nai de Deus.
R/ Para que sexamos merecentes das promesas de Cristo. Amén.
OREMOS: Señor, noso Deus, concédenos ós teus fieis gozar sempre de saúde na alma e no corpo. Que, pola gloriosa intercesión de santa María sempre Virxe, nos vexamos libres das tristezas desta vida e gocemos das alegrías da vida eterna. Por Cristo, noso Señor. Amén.
REGINA COELI
Raíña do ceo, alégrate, aleluia. Porque o Señor a quen mereciches levar, aleluia, resucitou, conforme a súa palabra, aleluia. Roga por nós a Deus, aleluia. Goza e alégrate, Virxe María, aleluia. Porque de verdade resucitou o Señor, aleluia.
OREMOS: Deus, noso Pai, pola resurrección do teu Fillo, noso Señor Xesucristo, enches de alegría o mundo enteiro. Concédenos, pola intercesión da súa Nai María, a Virxe, alcanza-los gozos da vida eterna. Por Cristo, noso Señor. Amén.
ORACIÓN POLA PAZ
Señor, ti diseches que tódolos que traballan pola paz serán chamados fillos de Deus. Axúdanos a traballar sen acougo para construír un mundo xusto, que lles garantice ós homes unha paz firme e verdadeira. Por Cristo, noso Señor. Amén.
POR UN DIFUNTO
Deus noso Pai, ti e-la gloria dos fieis e a vida dos xustos, ti redimíchesnos coa morte e a resurrección do teu Fillo. Mira con bondade o noso irmán (o nome) ; el creu no misterio da nosa resurrección, concédelle participar agora na alegría da felicidade eterna. Por Cristo, noso Señor. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario